O SISTEMA EDUCATIVO CANADENSE:


No centro que eu estiven, as clases empezan ás 8.30 e rematan ás 14.30- Hai catro períodos diarios de 75 minutos, e 50 minutos para almorzar, dende ás 11.05 atá as 11.55.

O profesorado ten permanencia no centro de principio a fin, pero so imparte 3 periodos, que pode elixir. O periodo restante é adicado a preparar as clases.

Durante a hora do almorzo hai actividades deportivas nas que o profesorado participa activamente.

O curso se divide en dous semestres nos que os alumnos teñen que cursar 4 asignaturas das que teñen clase todos os días á mesma hora.

Os medios tecnolóxicos que usan son os mesmos que os nosos: pizarras dixitais, e acceso a internet. Usan moito os vídeos ( como facemos moitos de nós).

Con respecto á metodoloxía, está centrada no alumnado, sempre buscando o modo de axudalos.

A selección do profesorado non é coma aquí. Alí é o director o que elixe ao seu personal, buscando a idoneidade dos perfís para as necesidades do centro. Primeiro teñen que pasar unha entrevista, e logo pasan dous anos de proba, despois dos cales os fan fixos. Teñen un bo soldo e un bo seguro médico, según me dixeron. Están contentos.

O típico é que cada un leve o seu almorzo e cada piso dispón dunha sala donde hai microondas e unha gran mesa onde compartir o tempo.

Neste centro hai tamén unha cafetería que é levada polos mesmos alumnos.

As semanas foron pasando e finalmente chegou o derradeiro día no centro. Que pena! Agora quedaría, non para sempre, pero si un pouco máis.

Teño que dicir que, aínda que tiven reticencias de vez en cando, e que houbo cousas que non me gustaron de todo, eu recomendaría a todo o mundo esta experiencia de ser profesor observador nunha aula que non é a túa, cuns alumnos que non son os teus.

Coido que teño aprendido moitísimas cousas das que aínda agora estou a darme conta. Penso que a máis importante é que os alumnos son iguais en todas partes, coas mesmas dudas e errores, e tamén as inquedanzas. E tamén é certo que os profesores somos iguais en todas partes: todos nós tratamos de facer o mellor para todos os nosos alumnos dentro das nosas posibilidades, e que a mellor fórmula do éxito é o traballo e o esforzo tanto por parte dos alumnos coma dos profesores



Comments

  1. Found your post interesting to read. I cant wait to see your post soon. Good luck for the upcoming update.This article is really very interesting and effective.

    Hoi An Basket Boat Tour
    Phong Nha Pioneer Travel
    Central Vietnam Package Tour
    Viet Tours
    My Son Tours
    Hoi An Eco Tour

    ReplyDelete

Post a Comment

Popular posts from this blog