Posts

Image
O SISTEMA EDUCATIVO CANADENSE: No centro que eu estiven, as clases empezan ás 8.30 e rematan ás 14.30- Hai catro períodos diarios de 75 minutos, e 50 minutos para almorzar, dende ás 11.05 atá as 11.55. O profesorado ten permanencia no centro de principio a fin, pero so imparte 3 periodos, que pode elixir. O periodo restante é adicado a preparar as clases. Durante a hora do almorzo hai actividades deportivas nas que o profesorado participa activamente. O curso se divide en dous semestres nos que os alumnos teñen que cursar 4 asignaturas das que teñen clase todos os días á mesma hora. Os medios tecnolóxicos que usan son os mesmos que os nosos: pizarras dixitais, e acceso a internet. Usan moito os vídeos ( como facemos moitos de nós). Con respecto á metodoloxía, está centrada no alumnado, sempre buscando o modo de axudalos. A selección do profesorado non é coma aquí. Alí é o director o que elixe ao seu personal, buscando a idoneidade dos perfís para as necesidades do cen
Image
Coma vedes, aínda que son profesora de lingua estranxeira, non so asistín a estas clases, sen´n que, como no noso centro temos unha sección bilingüe de plástica, decidín asistir a unhas cantas clases. Mais tamén a matemáticas. Esta é a aula de plástica: E estas son algunhas das actividades: a profesora de plástica é unha das personas máis doces que nunca coñecín. Sempre está a animar aos seus alumnos, e apreza cada un dos seus logros. Encantáronme as súas clases: misturaba as novas e as vellas metodoloxías: primeiro un vídeo de como facer a tarefa. E despois moito traballo por parte da profesora, explicando case un por un o que hai que facer.
Image
A MIÑA PRIMEIRA CLASE Despois de pasar por secretaría, Igor levoume á primeira clase. Alí estaba a traballar unha profesora moi seria, que non pareciu moi contenta da miña presencia. Mandoume sentar nunha cadeira, cos outros alumnos, e alí sentinme realmente unha "shadow" ( xogo de palabras con "job shadowing"). Nesta clase os alumnos estaban a traballar en algo que me parecíu moi interesante: estaban a buscar información en internet, nunha páxina recomendada polo parofesora, sobre as cualificacións que necesitan para os seus estudos posteriores. Deste xeito, traballan tres competencias: a comunicativa, a lingüística e a dixital. Isto é importante porque,coma xa dixen, a maior parte do alumnado do centro son inmigrantes, e o inglés tense que converter na súa segunda lingua. É por isto tamén que unha das directrices do Ministerio de Educación de Canadá é que todos os profesores son profesores de lingua ( o que considero que está moi ben, e que deberíamos ad
Image
A ESCOLA Coma o curso pasado estiven a traballar nunha escola de idiomas, tocoume ir a un centro de adultos, Adult High School, que está situado no centro de Ottawa, no barrio Little Italy. (photo) O centro é grande, cuns 1200 alumnos, e catro andares. Ademais ten un campo de deporte e un enorme parking. Antes de empezar no centro ninguén se puxo en contacto comigo, o que me sorprendeu bastante. Así que cando cheguei ó centro só sabía o nome do meu "titor": Igor. Nin corta nin perezosa, entrei no centro disposta a valerme por min mesma naquel labirinto de corredores e escaleiras arriba e abaixo. De súpeto, un profesor moi amable me preguntou se me podia axudar, e gracias a el tiven éxito para encontrar o departamento. Alí estaba Igor, que me presentou a uns cantos profesores. Acto seguido, fomos á secretaria, a cubrir papeleo. O primeiro que me dixeron cando me deron as chaves mestras foi que todas as portas tiñan que estar pechadas detrás de nós. Tamé
Coa perspectiva que da o paso do tempo ( aínda que pouco ten pasado) podo dicir que a miña experiencia foi moi positiva. Aprendín moitas cousas,tanto no eido personal coma no profesional. Esta experiencia é algo que nunca pensei que faría na miña vida. Teño que dicir que o continente americano nunca foi algo que me despertara un grande interés, e o vía coma algo lonxano e non moi atraínte. Sen embargo, embarqueime nesta aventura con ollos novos, e enfrenteime á experiencia dun xeito case infantil ( no bo sentido da palabra). Deste xeito, foi coma me retrotraer a un tempo pretérito para min, moitos, moitos anos atrás,cando aínda era estudiante. E así sentinme. Durante ese mes en Canadá fun unha persona sen responsabilidades familiares diarias. É dicir, podía facer case o que quería. Teño que dicir que ir vivir á casa dunha xente que non coñecía non era precisamente do meu agrado, porque, coma xa é sabido, todos nos tornamos "especiais" (por dicir pouco) cos anos. Quizáis f
ALUMNOS E PROFESORES Nas clases as que teno asistido o ambiente e relaxado e agradable con algunhas excepcions, por suposto. Os alumnos estan polo xeral moin interesados e motivados, e nas clases hai tanto traballo individual coma colaborativo. E sorprendente descubrir que en todo o mundo os alumnos comparten os mesmos errores e inquedanzas con respecto ao seu aprendizaxe do ingles. E todos os profesores usamos as mesmas tecnicas para os solucionar.
Image
RULES AND REGULATIONS Hoxe vouvos falar dalgunhas normas que tenen aqui e que poden parecernos curiosas ( ou non). Unha delas e a prohibicion de usar perfumes ou colonias nos centros educativos e hospitais. Hai incluso a lenda urbana ( ou quizais non e lenda ningunha...) de que o curso pasado unha escola fixo a unha das profesoras convidadas de Galicia voltar a casa para se duchar, porque se puxera perfume e un dos rapaces protestou xa que era alerxico. Aqui xa nos avisaron desde o primeiro dia de que non o podiamos usar. E non menos chamativo e que os alumnos e profesores poden comer e beber na clase cando queiran. Alguns alumnos incluso traen comida de plato e tenedor!!!