Coa perspectiva que da o paso do tempo ( aínda que pouco ten pasado) podo dicir que a miña experiencia foi moi positiva. Aprendín moitas cousas,tanto no eido personal coma no profesional.

Esta experiencia é algo que nunca pensei que faría na miña vida. Teño que dicir que o continente americano nunca foi algo que me despertara un grande interés, e o vía coma algo lonxano e non moi atraínte. Sen embargo, embarqueime nesta aventura con ollos novos, e enfrenteime á experiencia dun xeito case infantil ( no bo sentido da palabra). Deste xeito, foi coma me retrotraer a un tempo pretérito para min, moitos, moitos anos atrás,cando aínda era estudiante. E así sentinme. Durante ese mes en Canadá fun unha persona sen responsabilidades familiares diarias. É dicir, podía facer case o que quería.

Teño que dicir que ir vivir á casa dunha xente que non coñecía non era precisamente do meu agrado, porque, coma xa é sabido, todos nos tornamos "especiais" (por dicir pouco) cos anos. Quizáis foi isto o que menos me gustou da experiencia persoal. Sen embargo,entendo que teña que ser así para poder ter a vivencia real da inmersión lingüística e cultural.

Dentro do máis remarcable da miña estancia alí a nivel persoal están as viaxes que fixen, que foron poucas e cortas, pero que eran o único que me podía permitir por límite de tempo, xa que o obxectivo da experiencia non era viaxar, senón coñecer o sistema educativo, a cultura e a vida en Canadá.

Con respecto á cultura aprendín moitas cousas que descoñecía absolutamente. Unha das cousas que máis me sorprendeu foi a importancia que lle están a dar hoxe en dá ás cultruas nativas. Historicamente se sinten culpables do trato que lles deron aos nativos nos séculos pasados, e agora están intentando compensalos. Unha das cousas é que xa non se lles pode chamar "Eskimos" e hailles que dicir "Inuit". Están a promover  a cultura aborixen. Unha grande parte do Museo de Historia está adicada a eles.

Aquí vos inclúo algunhas fotos:






Comments

Popular posts from this blog