A ESCOLA

Coma o curso pasado estiven a traballar nunha escola de idiomas, tocoume ir a un centro de adultos, Adult High School, que está situado no centro de Ottawa, no barrio Little Italy.

(photo)

O centro é grande, cuns 1200 alumnos, e catro andares. Ademais ten un campo de deporte e un enorme parking.



Antes de empezar no centro ninguén se puxo en contacto comigo, o que me sorprendeu bastante. Así que cando cheguei ó centro só sabía o nome do meu "titor": Igor.

Nin corta nin perezosa, entrei no centro disposta a valerme por min mesma naquel labirinto de corredores e escaleiras arriba e abaixo. De súpeto, un profesor moi amable me preguntou se me podia axudar, e gracias a el tiven éxito para encontrar o departamento. Alí estaba Igor, que me presentou a uns cantos profesores. Acto seguido, fomos á secretaria, a cubrir papeleo. O primeiro que me dixeron cando me deron as chaves mestras foi que todas as portas tiñan que estar pechadas detrás de nós. Tamén me informaron dos avisos " de posible ameaza".  Isto púxome bastante nerviosa. Logo, uns días máis tarde, preguntei sobre isto, e Roxie ( pronto vos falarei dela) contoume o que pasara un par de anos antes. En palabras da propia Roxie:

"Hai un par de anos eu tiña clases nocturnas, que empezaban ás catro da tarde. 

Un día cando entraba no centro encontreime cun dos meus alumnos que ía con outros rapaces aos que eu non coñecia, pero non me estranou, porque este é un centro grande, e non coñezo a todo o mundo.  Coma tiñamos un test na tarde, pregunteille que tal o tiña, e respondeu que ben, e que xa nos viamos na clase.

Foi pasando a tarde, e cando chegou a hora do test, o rapaz non apareceu, o que me sorprendeu porque non soía faltar. 

Ao rato nos altavoces sonou o aviso "LOCKOUT". Iso significaba que nos tiñamos que encerrar na aula, coas luces apagadas, e todos os alumnos sentados no chan apoiados nas paredes. Non podíamos abrir a porta a ninguén. Tiñamos que esperar a que a policía viñera a liberar o centro. 

O que seguiu foron varias horas interminables a oscuras absolutamente, sen saber de certo que era o que pasaba. 

Finalmente, cando a policía chegou, soubemos que o meu alumno xunto con un par de rapaces amigos seus que non pertencían ao centro atacaras a outro alumno cun arma blanca. Todo por unha mirada agresiva o día anterior. Ao rapaz atacado non lle pasou nada porque un profesor se metiu por medio. O profesor non tivo tanta sorte, aínda que non lle quedaron secuelas... Pero a escena era dantesca, con sangre por todas partes, e a anguria de non saber que pasaba."



Comments

Popular posts from this blog