RULES AND REGULATIONS





Hoxe vouvos falar dalgunhas normas que tenen aqui e que poden parecernos curiosas ( ou non).

Unha delas e a prohibicion de usar perfumes ou colonias nos centros educativos e hospitais. Hai incluso a lenda urbana ( ou quizais non e lenda ningunha...) de que o curso pasado unha escola fixo a unha das profesoras convidadas de Galicia voltar a casa para se duchar, porque se puxera perfume e un dos rapaces protestou xa que era alerxico.

Aqui xa nos avisaron desde o primeiro dia de que non o podiamos usar.

E non menos chamativo e que os alumnos e profesores poden comer e beber na clase cando queiran.
Alguns alumnos incluso traen comida de plato e tenedor!!!


Comments

Popular posts from this blog